Thursday 02 de May de 2024

Axentes forestais ensinan aos nenos e nenas de Touro a cuidar os nosos bosques e ríos


Axentes do Distrito Forestal III con base en Órdes impartiron a semana pasada unha conferencia aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do Colexio de Fonte Díaz de Touro. A charla tivo como obxectivo concienciar aos máis pequenos no cuidado do noso medio ambiente e en especial dos noxos boques e ríos. Santiago Neira, axente especializado en Medio Ambiente, explicoulle a un grupo de pequenos que é un distrito forestal e que fai un axente. “Falamos cos nenos e nenas y contámoslle como se poden previr o incendios no monte, entre outros moitos temas”, explica o experto. Outro dos asuntos abordados foron as especies invasoras. Os axentes levaron ao colexio unha tartaruga de Florida. “Hai xente que compra tartarugas e ao cansarse delas lévaas ao río onde as deixa”, afirma Santiago Neira, que advirte que “son especies invasoras que acaban coa fauna e a flora autóctona dos nosos ríos”. Os axentes trataron de concienciar aos máis pequenos no cuidado do medio. Esta charlas, que tamén coincidiron co Día Mundial do Medio Ambiente que se celebrou onte 5 de xuño, impártense por todos os colexios da comarca e comenzaron a darse no pasado mes de febreiro. Os rapaces tamén coñeceron como funciona na práctica un coche motobomba para combater os incendios forestais.